A regulamentación comunitaria esixe que os implicados na aplicación dos fondos cumpran determinados requisitos en materia de comunicación. Estes pasan pola elaboración dun Plan de Comunicación para cada Programa Operativo, aínda que tamén se permite a elaboración dun Plan para un conxunto de Programas, cando así se considere oportuno. Estes Plans recollen unha serie de actuacións que sustentan a estratexia de comunicación deseñada nos mesmos. Ligados con esa estratexia está tamén como se vai facer o seguimento e a avaliación dos mesmos, a importancia de que existan redes de comunicación adecuadas e o detectar, dentro das actuacións de comunicación, cales van poder ser consideradas como Boas Prácticas.