Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Fondos Europeos: periodo 2007-2013

Nas perspectivas financeiras 2007-2013 e para a categoría “Cohesión para o crecemento e o emprego”, aprobouse unha asignación indicativa entre Estados dos fondos asignados a esta categoría (307.619 millóns de euros do 2004). España vai percibir por este concepto, en todo o período de programación, o 10,25% do total de fondos.

Para poder absorber a devandita axuda, todos os Estados membros deben proceder a establecer unha programación plurianual para o dito período, así como establecer as regras acerca da súa xestión, da súa certificación a Bruxelas e os controis aos que debe ser sometido o devandito gasto.