A conxuntura rexional estana analizando as distintas administracións españolas e plásmase nunha serie de boletíns que, con periodicidade mensual ou trimestral, elaboran as distintas administracións.
Nestes boletíns preséntanse os principais indicadores que serven de base para a devandita análise. Hai que destaca-la relevancia que ten esta información para investigadores e analistas que dispoñen, así, da principal información conxuntural das distintas economías rexionais.