O 21 de xullo de 2020, os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea acordaron un paquete de axuda financeira para paliar a grave crise económica e social ocasionada pola pandemia da Covid-19 e transformar as economías europeas facéndoas máis verdes, dixitais e resilientes. Con este obxectivo, deseñouse o programa de recuperación de carácter temporal
NEXT GENERATION EU.
NEXT GENERATION EU conta cunha dotación de recursos públicos sen precedentes,
806.900 millóns de euros. O seu principal compoñente é o
Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, cunha duración de seis anos, de 2021 a 2026, e cun importe total que ascende a
723.000 millóns de euros (338.000 en transferencias e 385.000 millóns en préstamos a baixo interese).
Para poder acceder aos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, os Estados membros deben aprobar plans nacionais de recuperación e resiliencia. En España, o
Plan de Recuperación, Transformación e
Resilienciacontempla unha sólida axenda de investimentos e reformas estruturais para atallar a crise a través dun despregamento efectivo de ata 140.000 millóns de euros en transferencias e créditos. O Plan é un gran proxecto de país no que están implicados todos os niveis da Administración: estatal, autonómico e local, ademais do sector privado. O obxectivo é transformar a nosa economía para facela máis verde, dixital, inclusiva e cohesionada e incrementando, ao mesmo tempo, a súa capacidade de crecemento a medio e longo prazo.