Unha maneira de facer Europa
A programación dos fondos europeos 2014-2020 formula novos retos acordes coa situación económica europea. Os obxectivos de Europa 2020 deben integrarse nos diferentes fondos do MEC e cada un deles ten que contribuír a un crecemento intelixente, sustentable e integrador. Neste novo período, os fondos deben ter como obxectivo promover a competitividade e a converxencia e reorientar o gasto cara á investigación e á innovación, ao apoio ás pemes, á calidade do ensino e á formación, ao fomento da calidade no emprego e á cohesión social e á transición a unha economía baixa en emisións de carbono que utilice eficazmente os recursos.
Resumo (pdf)