Entre os Fondos Europeos do orzamento da UErevisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos e, tamén, o Fondo de Cohesión. Tanto os Fondos Estruturais como o Fondo de Cohesión atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.
A política rexional europea 2007-2013: principais novidades con respecto a 2000-2006 (pdf)