Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Unión Europea

Cooperación Transfronteiriza do Instrumento Europeo de Veciñanza

O Programa de Cooperación Transfronteiriza do Instrumento Europeo de Veciñanza ten como obxectivo articular os recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun instrumento transitorio co formato dun Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza específico, no marco do Obxectivo 3 do FEDER, para o desenvolvemento de proxectos de cooperación transfronteiriza entre España e Marrocos.

Esta configuración permite o uso dos recursos do Feder no territorio comunitario e, en aplicación do artigo 21.3 do Regulamento (CE) 1080/2006, a execución de ata un 10% da devandita asignación en gasto elixible xerado directamente no territorio de países non pertencentes á Comunidade Europea.

Esta situación, transitoria no seu inicio, á espera da implementación definitiva do Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación, actualmente é definitiva, ao non se poder presentar un programa conxunto neste período.

O programa ten dúas áreas de cooperación: o Estreito (arredor da Comunidade Autónoma de Andalucía e das comunidades autónomas de Ceuta e Melilla) e o Atlántico (coa Comunidade Autónoma das Illas Canarias). As devanditas áreas constitúen as prioridades do programa.