Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Unión Europea

Espazo Atlántico

O Programa Espazo Atlántico é un programa de cooperación transnacional do obxectivo "Cooperación territorial europea", instrumento da política de cohesión do período de programación 2007-2013, financiado pola Comisión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), cunha dotación total de 158 millóns de euros.

O actual Espazo Atlántico de Cooperación alcanza todo o territorio de Irlanda e as rexións atlánticas de España, Portugal, Francia e Reino Unido.

Ten como obxectivo estratéxico global a obtención de progresos significativos e tanxibles na cooperación transnacional, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento territorial cohesionado, sustentable e equilibrado do Espazo Atlántico e da súa herdanza marítima.

A estratexia do programa é implementada a través de catro prioridades estratéxicas: promover redes empresariais e de innovación transnacionais, protexer e mellorar a seguridade e a sustentabilidade do medio marítimo e costeiro, mellorar a accesibilidade e as conexións internas e promover sinerxías transnacionais de desenvolvemento urbano e rexional sustentable.