
Trátase dun instrumento extrapresupuestario destinado a reforzar a capacidade da Unión Europea para previr conflitos, consolidar a paz e reforzar a seguridade internacional, a través do financiamento de operacións e medidas de asistencia, no marco da política exterior e de seguridade común (PESC), que teñan repercusións no ámbito militar ou da defensa.
Trátase dun paso máis respecto dos obxectivos e capacidades dos anteriores mecanismos, o mecanismo Athena e o Fondo de Apoio á Paz para África, supondo a súa substitución e ampliación.
Cun sistema de achegas determinado por unha clave de repartición en función da Renda Nacional Bruta (RNB), o Fondo ten un límite financeiro de 5.692 millóns de euros a prezos correntes (5.000 millóns de euros a prezos de 2018) para o período 2021-2027, cun límite anual que vai dos 420 millóns de euros de 2021 aos 1.132 millóns de euros de 2027.
Para máis información: