O regulamento financeiro (RF) é a norma aplicable ao orzamento xeral.
Financial Regulation
A partir de 2004, o orzamento elabórase conforme ao principio de orzamentación por actividades cuxo obxectivo é adaptar os recursos humanos e financeiros ás prioridades políticas. A estrutura do orzamento vén regulada no artigo 40 e seguintes do RF. O gasto estrutúrase en títulos e a cada un deles correspóndelle unha política comunitaria; os títulos divídense en capítulos que corresponden, por regra xeral, a unha actividade. A un nivel de desagregación maior, temos artigos e partidas.
Non obstante, hai que destacar que a clasificación do gasto máis comunmente utilizada é a que figura no Marco Financeiro Plurianual, agregando as distintas actividades do orzamento nas rúbricas do MFP.
No seguinte enlace, pódese ver o detalle en cifras do orzamento anual da UE:
Orzamento da Unión Europea