Os Plans de Desenvolvemento Rexional (PDR) son os documentos iniciais de programación plurianual, elaborados polos Estados membros co fin de diagnosticar os problemas estruturais das rexións, a estratexia e prioridades de actuación, e os recursos financeiros -nacionais e comunitarios-, indicativos necesarios para facer fronte aos problemas específicos de cada rexión. A Comisión Europea require a presentación e análise destes PDR, co fin de adaptar mellor os apoios e prioridades comunitarias ás necesidades e prioridades expresadas polos Estados membros nestes documentos. No caso de España, o Plan de Desenvolvemento Rexional de España 2000-2006, para as rexións Obxectivo n.º 1, foi elaborado pola extinta Dirección Xeral de Fondos Europeos e Financiamento Territorial (actualmente Dirección Xeral de Fondos Europeos), contando coa colaboración das comunidades autónomas interesadas.