Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) está destinado a contribuír á rectificación dos principais desequilibrios rexionais na Comunidade, actuando no marco dunha estratexia global e integrada de desenvolvemento sostíbel e garantindo un efecto sinérxico coas intervencións dos demais fondos estruturais. Aínda que a principal función do FEDER é o apoio aos obxectivos n.° 1 e n.° 2 dos fondos estruturais, o FEDER tamén debe contribuír ao financiamento da cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, así como á rexeneración económica e social das cidades e dos suburbios en crise, en virtude das iniciativas comunitarias, e a apoiar medidas innovadoras a escala comunitaria.