Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Unión Europea

Dotación e Beneficiarios

Do mesmo xeito que durante o períodos 1993-1999, para o período 2000-2006 os catro países beneficiarios son España, Portugal, Irlanda e Grecia. Con todo, antes de finais de 2003 reexaminarase o dereito ás subvencións destes países, en función dos avances que consigan e dos indicadores socioeconómicos actualizados.

A porcentaxe do orzamento asignado a cada Estado é a seguinte: Grecia 16-18%, Irlanda 2-6%, Portugal 16-18%, España 61-63.5%

O orzamento para este Fondo pasou de 15.000 millóns de euros para o período 1993-1999 a 18.000 millóns de euros para o período 2000-2006.

As dotacións anuais teñen en conta a taxa de inflación, de modo que, en termos reais, o Fondo de Cohesión fica estábel.

Ano 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 Total
Cuantía 2.615 2.615 2.615 2.615 2.515 2.515 2.510 18.000