Tódolos actores implicados na programación e xestión dos Fondos Europeos comprenderon o interese de establecer redes de comunicación naqueles ámbitos que lles competen. Así, en España tódalas Administracións implicadas na programación e xestión dos Fondos FEDER, FSE puxeron en marcha a rede GERIP (Grupo Español de Responsables en materia de Información e Publicidade); así mesmo, as Autoridades de Xestión do FEDER e do Fondo de Cohesión crearon a rede GRECO-AGE (Grupo de Responsables de Comunicación da AGE), con tódolos organismos xestores destes Fondos da Administración Xeral do Estado. A eles engádense tamén os responsables daquelas Entidades Locais que reciben Fondos Europeos para xestionar algunhas actuacións da súa competencia. Por último, a Dirección Xeral de Política Rexional (D.G. REGIO) da Comisión Europea creou a rede INFORM, con tódolos responsables de comunicación de tódolos estados-membros.
A constitución destes grupos de responsables en materia de comunicación faise para garanti-lo deseño de estratexias conxuntas nesta materia, para potencia-lo intercambio de boas prácticas e o intercambio de experiencias en materia de información e publicidade entre tódolos participantes.