O marco financeiro plurianual
Dende 1988, cóntase con marcos financeiros plurianuais nos que inscribir o orzamento anual, o que supuxo dotar dunha grande estabilidade a negociación do orzamento e acabar cos numerosos conflitos interinstitucionais que caracterizaron a etapa anterior.
O Tratado de Lisboa dispón que un regulamento do Consello fixará o Marco Financeiro Plurianual, o que lle confire un rango normativo do que carecía con anterioridade, ao responder soamente a un acordo interinstitucional.