O Fondo Social Europeo é o principal instrumento co que Europa apoia a creación de emprego, axuda ás persoas a conseguir mellores postos de traballo e garante oportunidades laborais máis xustas para toda a cidadanía da UE. Para iso, o Fondo Social Europeo inviste en capital humano europeo: traballadores, novos e todas aquelas persoas que buscan emprego ou un emprego mellor. O seu financiamento ascende a 10.000 millóns de euros ao ano, mellora as perspectivas laborais de millóns de europeos e europeas, en especial de quen teñen dificultades para atopar traballo.
A Comisión Europea e os Estados membros da UE establecen de forma conxunta as prioridades do Fondo Social Europeo e deciden o uso que se dá aos seus recursos. Unha das prioridades é impulsar a capacidade de adaptación das persoas que traballan por conta allea, axudándolles a adquirir novas capacidades, así como das empresas, fomentando novas formas de traballo.
Outras prioridades céntranse en mellorar o acceso ao emprego, apoiando a novos estudantes na súa transición ao mundo laboral, ou formando ás persoas menos cualificadas que buscan emprego para mellorar as súas perspectivas laborais.
Outra prioridade céntrase en axudar a persoas en situación de vulnerabilidade a atopar traballo. Isto contribúe a reforzar a inclusión social, pois o emprego de calidade cumpre un papel crucial na integración social e na vida cotiá.
Máis información sobre o Fondo Social Europeo