Con motivo da celebración da Semana da Administración Aberta 2024, que se desenvolve entre o 10 e 16 de xuño, a Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda organiza un concurso dirixido a toda a cidadanía co obxectivo de subliñar o impacto dos fondos europeos no noso país. O lema do concurso é “Que fan os Fondos Europeos por nós?”, desenvolverase ao longo da Semana da Administración Aberta na rede social X (antes Twitter) e estará aberto a todos os seus usuarios maiores de 14 anos residentes en España.
Entre o 10 e o 14 de xuño, o noso perfil na rede social X publicará unha pregunta cada día, á que os participantes darán resposta (a unha, varias ou todas elas). O tipo de preguntas a realizar dará cabida a respostas abertas, subxectivas ou creativas (é dicir, non hai unha soa resposta válida), e aquelas respostas que reciban máis interaccións serán as premiadas. Entenderanse como interaccións o cálculo de ‘respostas’, ‘reposteados’ e ‘gústame’ recibidos.
O cálculo de cada resposta estará aberto durante 24 horas desde a publicación da pregunta. As tres respostas a cada pregunta con máis interaccións recibidas serán premiadas (15 persoas en total)cunha visita guiada ao Museo Nacional do Prado, entidade que colobora con este concurso e que desenvolveu importantes proxectos financiados con fondos europeos.