Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Sistema de seguimento estratéxico e avaliación continua 2007-2013

O Sistema de Seguimento Estratéxico e Avaliación Continua para o FEDER, FSE e Fondo de Cohesión para o período de programación 2007-2013 componse de:

1.º) O seguimento estratéxico. Encóntrase definido no artigo 29 do Regulamento (CE) n.º 1083/2006 e contempla a análise da contribución dos programas cofinanciados cos fondos aos obxectivos da política de cohesión. Este seguimento estratéxico lévase a cabo a nivel do Marco Estratéxico Nacional de Referencia (MENR), mediante a realización de dúas avaliacións estratéxicas: unha finalizada en 2009 (véxase Informe 2009 na epígrafe de Informes) e outra para realizar en 2012.

2.º) A avaliación continua. Defínese no artigo 47 do Regulamento (CE) n.º 1083/2006 e supón un proceso continuado de avaliación das prioridades comunitarias nacionais, ben de carácter temático ou ben referido aos propios PO.

Expandir lista/Contraer lista Plan de avaliación

Expandir lista/Contraer lista Guías de avaliación

Expandir lista/Contraer lista Sistema de indicadores do FEDER e Fondo de Cohesión