a Dirección Xeral de Fondos Europeos, do Ministerio de Economía e Facenda, elabora, desde o ano 1991, unha publicación trimestral, na que se presentan indicadores rexionais homoxéneos para tódalas Comunidades Autónomas e na que se leva a cabo unha breve análise da situación comparada das distintas economías rexionais en cada trimestre, elaborando tamén, con periodicidade mensual, desde o ano 2003, unha síntese dos indicadores máis relevantes. Así mesmo, as distintas CC.AA. elaboran tamén os seus propios boletíns de conxuntura cun tratamento más específico da súa propia situación.