Interreg III é a iniciativa comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional en favor da cooperación entre rexións da Unión Europea durante o período 2000-2006. O obxectivo da nova fase de INTERREG consiste en aumentar a cohesión económica e social na Unión Europea, fomentando a cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, así como o desenvolvemento equilibrado do territorio. Préstaselle unha especial atención á colaboración entre as rexións ultraperiféricas e aquelas situadas nas fronteiras externas da Unión cos países candidatos á adhesión.
Interreg III - A
Cooperación transfronteiriza para favorecer o desenvolvemento rexional integrado entre rexións fronteirizas veciñas, por medio de estratexias e programas de desenvolvemento rexional conxuntos.
Interreg III - B
Cooperación transnacional para favorecer un maior grao de integración nas grandes agrupacións de rexións europeas.
Interreg III - C
Cooperación interrexional, a través de todo o territorio da Unión (e países veciños), para mellorar o desenvolvemento rexional e a cohesión.
Interact
Programa de coordinación dos tres capítulos da iniciativa comunitaria INTERREG III, aprobado pola Comisión o 16 de decembro de 2002.