A continuación, recóllense as mellores actuacións, as "boas prácticas" levadas a cabo en Galicia.
A renovación do centro de educación de infantil e primaria (CEIP) Mestre Martínez Alonso, de Mos (Pontevedra), levada a cabo polo xestor da Secretaría Xeral de Educación, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
As actuacións de saneamento na comunidade autónoma. Colectores xerais e nova estación depuradora das augas residuais de Carral, actuación desenvolvida pola Xunta de Galicia.
“A ampliación do porto de Brens", en Cee (A Coruña), levada a cabo polo xestor Portos de Galicia.
A Rede CeMit - Rede de Telecentros de Comunicación: subministración, instalación, formación e comunicación, desenvolvida por Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, Un lazo, un compromiso: Implíca-t, levada a cabo polo Concello de Santiago de Compostela.
Xornada Interxeracional na Residencia de Anciáns Porta do Camiño, organizada polo Concello de Santiago de Compostela.
A rehabilitación integral da praza de San Marcos e do seu contorno, levada a cabo polo Concello de Lugo.
As axudas ao investimento dos pequenos establecementos para a mellora das condicións estéticas do exterior dos seus negocios e para investimentos en novas actividades económicas, actuación promovida polo Concello de Lugo.
A ampliación da plataforma de estacionamento de aeronaves no Aeroporto de Santiago de Compostela, levada a cabo por Aena.
Proxecto de acondicionamento dos colectores xerais e interceptores da marxe dereita do río Miño en Ourense tramos: PONTE NOVA – BALNEARIO ; EIRAS VEDRAS – TARASCÓN e VINTEÚN – PONTE NOVA, levada a cabo pola Dirección Xeral da auga.
“Centro Socio Cultural Ágora”, levada a cabo polo concello da Coruña.