Segundo se recolle no artigo 7 do Regulamento 1828/2006 do 8 de decembro de 2006, a Autoridade de Xestión será responsable de que a bandeira da Unión Europea permaneza izada durante unha semana, a partir do 9 de maio, diante dos seus locais.
Por iso, as Autoridades de Xestión españolas do FEDER e do Fondo de Cohesión van organizar tódolos anos un acto o día 9 de maio de izado da bandeira diante da porta de entrada do Ministerio de Economía e Facenda, onde ten a súa sede a Dirección Xeral de Fondos Europeos á que pertencen ámbalas dúas Autoridades de Xestión. A información gráfica relacionada recóllese neste apartado.